miniatura|Konta no 2012
Johanna Konta, nada en Sydney o 17 de maio de 1991, é unha ex-tenista profesional australiana nacionalizada británica.
Traxectoria No ano 2012 nacionalizouse británica e comezou a competir na Copa Federación para este país. Ten no seu palmares tres títulos de WTA, os torneos de Miami e Sydney de 2017 e o de Standford no 2016, ano no que tamén foi finalista no torneo de Pequín. O 17 de xullo de 2017 acadou o súa mellor posición na clasificación da WTA ocupando a cuarta posición.
Retirouse da práctica profesional do tenis o 1 de decembro de 2021 á idade de 30 anos.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Sidney Categoría:Tenistas femininas de Australia Categoría:Tenistas olímpicos do Reino Unido Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016