O mopán (ou maia mopán) é unha lingua que pertence á póla iucateca de linguas maias. É falada polo pobo mopán que vive no departamento de Petén, en Guatemala (lingua nacional) e nos Montes Maias de Belize. Existen entre tres mil e catro mil falantes de mopán en Guatemala, e entre seis mil e oito mil en Belize.Hofling, Mopan Maya–Spanish–English Dictionary, 1. O mopán está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
As outras linguas iucatecas son o maia iucateca, o lacandón e o itza'. O mopán comezou a diferenciarse das outras linguas iucatecas hai uns mil anos, polo menos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de Belize Categoría:Linguas aglutinantes