miniatura|Eleanor Roosevelt e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). O artigo XIX estabelece que "todo ser humano ten dereito á liberdade de opinión e expresión". Liberdade de expresión é o dereito de calquera individuo a manifestar, libremente, opinións, ideas e pensamentos persoais sen medo de represión ou censura por parte do goberno ou doutros membros da sociedade.
É un concepto fundamental nas democracias modernas nas cales a censura non ten apoio moral.CABRAL, Bruno Fontenele. “Freedom of speech”. Consideracións sobre a liberdade de expresión e de imprenta no dereito norteamericano. Jus Navigandi, Teresina, ano 15, n. 2640, 23 set. 2010. Dispoñíbel en: <https://jus.com.br/artigos/17476/freedom-of-speech>. Acesso o: 16 ago. 2013. A liberdade de expresión é un dereito humano, protexido pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de 1948, e polas constitucións de varios países democráticos.
Historia A maioría dos ideais políticos modernos como a xustiza, a liberdade e o goberno constitucional, xurdiron na Grecia antiga. Foron os gregos os pioneiros en lanzar as sementes da idea democrática, e entre os valores da República Romana incluíanse a liberdade de expresión e a liberdade de relixión.
O concepto de liberdade de expresión pode atoparse nos primeiros documentos dos dereitos humanos. Na Declaración de Dereitos de 1689 de Inglaterra establécese legalmente o dereito á 'liberdade de expresión no Parlamento', que aínda se mantén. A Declaración dos dereitos do home e do cidadán, adoptada durante a Revolución Francesa de 1789, afirmou especialmente a liberdade de expresión como un dereito inalienable. A Declaración no seu Artigo 11, di que:
"A libre comunicación dos pensamentos e opinións é un dos máis valiosos dereitos do home. Todo ciudadán pode falar, escribir e publicar libremente, agás cando teña que responder do abuso desta liberdade nos casos determinados pola lei".
O Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada en 1948, di que:
''"Todo ser humano ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe a liberdade de, sen interferencia, ter opinións e de procurar, reciber e transmitir informacións e ideas por calquera medio e independentemente de fronteiras".
Notas
Categoría:Liberdade de expresión