Os iowa ou ioway, coñecidos na súa propia lingua como báxoǰe, son pobo indíxena do grupo síux. Hoxe en día, están divididos en dúas tribos federalmente recoñecidas, a tribo iowa de Oklahoma e a tribo iowa de Kansas e Nebraska.
Os iowa, missouria e otoe formaron parte do pobo ho-chunk. Todos son pobos que comparten a mesma lingua, a chiwere. Deixaron as súas terras ancestrais no sur de Wisconsin polo leste de Iowa, un estado que debe o seu nome ó pobo.
En 1837, os iowa foron deportados dende o estado de Iowa ás reservas do Condado de Brown, Kansas, e do Condado de Richardson, Nebraska. Algúns iowa trasladáronse ó territorio indio a finais do século XIX e asentáronse no sur de Perkins, Oklahoma para converterse na tribo iowa de Oklahoma.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua chiwere
Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América