miniatura|Mladenovic no 2014 no BNP Paribas Open.
Kristina Mladenovic, nada en Saint-Pol-sur-Mer o 14 de maio de 1993, é unha tenista francesa.
Traxectoria É filla de Dragan Mladenovic, un ex xogador de balonmán iugoslavo, que en 1992 fichou polo Dunkerke Handball da liga francesa para escapar da conflito dos balcáns. Tanto el como a súa muller Dzenita (Nada Helic), xogadora profesional de voleibol, recibiron a nacionalidade francesa e polo tanto tamén os seus fillos. O seu irmán máis novo, Luka, é futbolista e xoga no Calais RUFC.
Kristina converteuse en profesional en 2008. Ata o de agora o seu único título en individuais acadouno no torneo de San Petersburgo en 2017, e o seu mellor posto na clasificación da WTA é o 12º na semana do 19 de xuño do 2017. Kristina destaca nos dobres, onde gañou 16 títulos entre os que destaca o Roland Garros do 2016 con Caroline García e os dobres mixtos de Wimbledon e Australia xunto ó canadense Daniel Nestor.
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no departamento do Norte Categoría:Tenistas olímpicos de Francia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020