Pybba, nado c. 570? e finado en 606 ou 615, (tamén Pibba, Wibba, Wybba) foi un primitivo rei Mercia. Foi fillo de Creoda e pai de Penda e Eowa. Os nomes Pybba e Penda son de orixe britana, máis que xermánica, p. 143..
Traxectoria As súas datas aparecen ás veces en xenealoxías como nacemento en 570, o principio do seu reinado en 593, e morte en 606 ou 615, pero sen evidencia aparente; a Crónica anglosaxoa menciónao tan só como pai de Penda, sen maior detalle.
Segundo a Historia Brittonum, Pybba tería 12 fillosHistoria Brittonum , capítulo 65.. Cearl, un rei de Mercia, é mencionado por Beda, e puido ser sucesor de Pybba, pero a súa filiación con Pybba, se a houbese, é descoñecida. O fillo de Pybba, Penda finalmente converteríase en rei; a Crónica data este feito en 626, malia que Beda suxire que non sería até despois da batalla de Hatfield Chase en 633.
Ademais de Penda e Eowa, Pybba tivo aparentemente outro fillo chamado Coenwalh. Cada rei, desde Penda até Ceolwulf, deposto en 823, proclamábase descendente de Pybba, a través de Penda, Eowa ou Coenwalh (quizais excluíndo a Beornrad, que gobernou brevemente e cuxa procedencia é descoñecida).
Tamén se di que Pybba tivo unha filla. Aínda que non se menciona o seu nome, foi posibelmente a primeira esposa de Cenwalh, rei de Wessex (648-674)Beda: HE 3,7.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados no século VII Categoría:Nados en 570 Categoría:Reis de Mercia