Rubén Juste de Ancos, nado en Toledo en 1985, é un sociólogo, investigador e consultor político español.

Traxectoria Rubén Juste é licenciado e doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a súa tese doutoral sobre as portas xiratorias no IBEX 35.Rubén Juste: "La trama es un sistema de relaciones que permanece en el tiempo." Público. 15 de abril de 2017.Un toque de NBA para Podemos. El País. 25 de abril de 2017.

Debido á crise económica, emigrou a Australia tendo diversas ocupacións. Máis tarde trasladouse a Latinoamérica, instalándose primeiro en Paraguai, onde traballou na Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción e como consultor político para o Frente Guasú durante o mandato de Fernando Lugo até a súa destitución como presidente. Posteriormente tamén foi conselleiro para Avanza País. Deixou Paraguai para establecerse en Ecuador, traballando na Universidade Andina Simón Bolívar.Ruben Juste: “No soy el cerebro de Podemos, solo soy un apéndice”. Interviú. 21 de abril de 2017.

Desde 2016 colabora en CTXT con diversas análises sobre a política económica histórica e actual.Rubén Juste de Ancos – CTXT. En 2017 incorporouse como asesor do grupo político Unidos Podemos no Congreso.Podemos ficha como asesor en el Congreso al autor del libro que usa para explicar 'la trama'. Eldiario.es. 18 de abril de 2017.

Obra

A investigación principal de Rubén Juste foi a estreita relación entre as elites políticas e económicas en España, analizando como estas relacións manexaron e manexan a política do país, desde os procesos de privatización das grandes empresas públicas, até a perda de soberanía cando esas mesmas empresas finalmente pasaron a pertencer a grandes capitais estranxeiros. Gran parte desta investigación, pioneira en España, está recollida no seu primeiro libro, IBEX 35. Una historia herética del poder en España.El libro bomba sobre el Ibex 35 que interesa a Pablo Iglesias y Mario Conde. El Confidencial. 21 de febreiro de 2017.“El Ibex tomó el mando definitivamente en 2010 a través de un cambio radical en el Gobierno de ZP”. CTXT. 22 de febreiro de 2017.Rubén Juste: “El Ibex ha arriesgado demasiado y está muy metido en todas las tramas”. La Marea. 5 de marzo de 2017.

Libros IBEX 35. Una historia herética del poder en España (2017). La nueva clase dominante. Gestores, inversores y tecnólogos. Una historia del poder desde Colón y el Consejo de Indias hasta BlackRock y Amazon (2020).

Artigos destacados

Hegemonía colorada y alternancia política en Paraguay: Los límites de la vitoria de Horacio Cartes. Revista Novapolis. 2014. Medios de comunicación, referencias nominales y poder en Paraguay. Revista Latina de Comunicación Social. 2014. El pueblo en movimiento: el proceso de democratización en América Latina como transformación constante. Un análisis del caso de Ecuador. Revista electrónica de estudios latinoamericanos. 2013. Redes de actores en medios de prensa. Una metodología para abordar la hegemonía en los medios de comunicación: el ejemplo de las elecciones de 2013 en Paraguay. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación. 2013.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Toledo