Guillermo Cedrón Gómez, nado en Ferrol en 1882 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Home de negocios na Habana, onde foi fundador e primeiro secretario da asociación Ferrol y su Comarca en 1909,El Correo Gallego, 8-9-1909, p. 1. e da que foi presidente en 1911.El Tea, 6-5-1911, p. 3. Retornou a Galicia en 1917 establecéndose na Coruña.El Ideal Gallego, p. 3. Foi viaxante de comercio e exerceu como mestre. Vinculado ás Irmandades da Fala, participou na I Asemblea Nacionalista. Militou no PCE e organizou e presidiu o raio comunista de Ferrol. Foi delegado na Federación comarcal da UGT de Ferrol.El Correo Gallego, 20-1-1932, p. 4. Conferenciante habitual no Ateneo Ferrolano. Foi candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 10 de outubro.El Correo Gallego, 11-10-1934, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado nunha causa militar en Ferrol e posto a disposición gobernativa. Morreu en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7.

Obras El Comunismo y el proletariado español, 1931.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos