Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego.

Estudou o ensino secundario en Santiago de Compostela, licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica na Universidade de Santiago e defendeu a tese de doutoramento na Universidade da Coruña (A aula literaria. Análise crítica de seis textos galegos do novecentos, 2010, dirixida por Pilar García Negro e con premio extraordinario).

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas: A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX. A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz. Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Traxectoria como Raúl Veiga De formación autodidacta, na década de 1970 realizou películas en Super 8, cineclubismo, crítica cinematográfica e foi operador de cámara no histórico documental sobre a destrución do Edificio Castromil en Santiago. Impartiu tamén un curso de posgrao sobre dirección cinematográfica, organizado pola Universidade da Coruña en 1997. Publicou colaboracións en La Voz de Galicia e a Revista Galega de Filoloxía.

Do 13 ao 16 de maio de 2025 a Filmoteca de Galicia programou o ciclo Raúl Veiga: variacións sobre amor e identidade, emitindo as súas películas.

Deuse a coñecer escribindo o vídeo Veneno puro (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe Continental (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de A metade da vida (1994), única longametraxe rodada en galego nos anos 90. Arde amor (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro Esta noite no cinema (2005), finalista do premio de ensaio da AELG– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documental El médico atento (2014) foi a súa anterior longametraxe e inclúe a dramatización de varios casos clínicos. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe El médico seriamente enfermo (2014). A avó e o amor/A avoa e o amor, rodada en portugués e galego en Ponte de Lima e Vigo é a súa última longametraxe, unha historia familiar focada nos temas do amor, a identidade e a memoria no cadro da relación Galiza/Portugal, con Francisca Sobrinho, Tiago Araújo e Xosé Barato nos papeis principais.

Guionista de cine Veneno Puro (1984) Continental (1989) -con Xavier F. Villaverde- A metade da vida (1994). Remasterizada en 2019. Arde amor (1999) El médico atento (2014) -con Fernando Diz-Lois- El médico seriamente enfermo (2014) -con Fernando Diz-Lois- Contou Rosalía, estreado o 16 de maio de 2018 na TVG. A avoa e o amor (2026), rodada en portugués e galego, con estrea prevista no 2026.

Director/realizador de cine A metade da vida (1994) Arde amor (1999) El médico atento (2014) -longametraxe documental- El médico seriamente enfermo (2014) -curtametraxe- A avó e o amor/A avoa e o amor (2026), con Francisca Sobrinho, Tiago Araújo, Xosé Barato, António Capelo.

Ligazón externa

Entrevista a Raúl Veiga en ollodevidro.

Traxectoria como Manuel Castelao Mexuto Desenvolveu actividade xornalística no inicio dos anos setenta, de que son boa mostra a súa colaboración diaria en El Ideal Gallego so o título “Desde Compostela de Galicia". Tamén foi auxiliar de redacción na delegación compostelá de La Voz de Galicia.

Do seu traballo sobre a literatura galega, destaca a serie de libros publicados por Edicións Laiovento e que tiveron como base, ora a súa tese de doutoramento “A aula literaria. Análise crítica de seis textos galegos do Novecentos” (2010, cualificada con sobresaliente cum laude e, posteriormente, obxecto dun Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña, 2012), ora o texto que recibiu o Premio Carvalho Calero de investigación lingüístico-literaria do Concello de Ferrol, na edición do centenario do autor homenaxeado. Tamén é estudoso da obra de Eduardo Pondal e Anxo Rei Ballesteros.miniatura|Manuel Castelao con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal e César Morán. Publicacións

Libros sobre literatura contemporánea Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas pezas teatrais de Carvalho Calero (2010). Laiovento. 264 páxs. ISBN 978-84-8487-196-5. Reeditado en 2019 como Elucidacións na Sombra. Carvalho en escena, ISBN 978-84-8487-454-6.. Premio de ensaio Carvalho Calero de investigación lingüístico-literaria, na XVIII edición en 2010. Finalista do premio de Ensaio da AELGA 2010. A máquina ousada. Pondal e a literatura (2020). Laiovento. 182 páxs. ISBN 978-84-8487-486-7.

Un modo de ler

Novoneyra/Celso Emilio: Os eidos/Longa noite de pedra (2009). Laiovento. 240 páxs. ISBN 9788484871804.

Manuel-Antonio: De catro a catro (2010). Laiovento. 352 páxs. ISBN 978-84-8487-183-5. Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet (2011). Laiovento. 260 páxs. ISBN 84-8487-209-2. Cabanillas / Otero Pedrayo. Na noite estrelecida / Arredor de si (2022). Laiovento. 356 páxs. ISBN 9788484875598.

Edición

Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa (2022). Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro (Eds.). Biblos. 670 páxs. ISBN 978-84-15086-54-3. Anxo Rei Ballesteros. Loaira (2023). Manuel Castelao Mexuto (ed.). Santiago: Laiovento. 490 páxs. Con introdución do editor, Loaira revisitada (pp. 7-40). ISBN 978-84-8487-629-8.miniatura|Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Outras publicacións relacionadas con esta área do seu traballo son: “Literatura e autoconstrução da identidade da Galiza”, en Carlos Manuel Ferreira da Cunha (ed.): Escrever a nação: literatura e nacionalidade (uma antologia), Guimarães, Opera Omnia, 2011, pp. 165–181. “Regreso a ‘Os eidos’”, suplemento de Cultura de La Voz de Galicia, 15 de maio de 2010, pp. 6-7. “Revisitação d’Os Eidos”, Boletín da Academia Galega da Lingua Portuguesa, nº 4, 2011, pp. 183–197.

Algúns traballos foron realizados so o pseudónimo Félix Casal. Así: “O habitáculo suspenso. ‘De catro a catro’: literatura galega e modernidade”, Nova Renascença, vol. XIX, inverno/primavera 1999, pp. 233–248. “‘De catro a catro’: experiencia única”, en Crítica e autores I, A Coruña, La Voz de Galicia, 2002, pp. 76–77. Simposio “Ramón Vilar Ponte 50 anos despois”. Conferencia “Na noite estrelecida: tópicos literarios... e políticos”, 17 de xaneiro de 2003. “‘Os eidos’: analoxía e poesía”, en Amastran-N-Gallar, nº 7, verán 2004, pp. 36–42.

Para os seus traballos sobre Eduardo Pondal ten utilizado o pseudónimo de Castro Romai: “Pondaliana (Prefacio)”, en Extra-7 de A Nosa Terra, Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, 1986, pp. 39–41. “Pondaliana (Fragmento)”, en A Trabe de Ouro, nº 6, tomo II, ano II, abril-xuño 1991, pp. 205–211.

En relación coa súa actividade pedagóxica, é autor da unidade didáctica A escaleira desigual (libro e CD), sobre o filme “A Condesa rebelde”, publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, 2012.

Publicacións sobre cine co pseudónimo Raúl Veiga: Continental. O guión (1991). Con Xavier Villaverde e Marta Abelleira (1991). Os filmes da Fenda. 361 páxs. Esta noite no cinema (2005). Biblos Clube de Lectores. 224 páxs. ISBN 978-84-934126-3-0. Pacto de cabaleiros. Guión de longametraxe (2011). Biblos Clube de Lectores. 140 páxs. ISBN 978-84-15086-09-3.

Produtor (cine) Como produtor de proxectos cinematográficos utiliza o nome de Manuel Castelao Mexuto:

Canle aberta (1993) -curtametraxe- Arde amor (1999) El médico atento/O médico certo (2014)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Elucidacións na sombra, Laiovento O meu Carvalho, por Manuel Castelao Mexuto (outubro de 2020) Conversa con Ramona Giráldez sobre Carvalho Calero (decembro de 2020) Entrevista en Nós Diario (febreiro de 2021) Vídeo presentación: Cabanillas / Otero Pedrayo Vídeo da palestra de Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto sobre Ricardo Carvalho Calero Falando de Continental en 2022 na TVG2

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1956 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña