Alpín foi rei dos pictos dende 726 até 728, xunto con Drest VII. A lista de reis da crónica picta dálle a Alpín e a Drest cinco anos de reinado conxunto.

En 724, Nechtan mac Der-Ilei abdicou, segundo os Anais de Tigernach en favor de Drest, entrando despois nun mosteiro.Ó igual que nos Anais de Clonmacnoise. Alpín, que está asociado con Drest na lista de reis da crónica picta, non é mencionado daquela. En 726, os anais de Tigernach din que "Drest foi expulsado do reino dos pictos; e Alpín reinou no seu lugar."AT 726.4: Druist de reghno Pictorum iectus et Elphin pro eo [regnat].

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Reprinted with corrections. Paul Watkins, Stamford, 1990.

Categoría:Finados no século VII Categoría:Reis dos pictos