Ealhred, Alhred ou Alchred foi rei de Northumbria de 765 a 774.

Traxectoria Casou con Osgifu, ben filla de Oswulf e neta de Eadberht, ou filla de Eadberht, polo que estaba emparentado con Ecgberht, Arcebispo de York. Sobrevive unha xenealoxía que fai a Ealhred descendente de Ida de Bernicia a través dun fillo de nome Eadric.

Aethelwald Moll foi deposto en 765 e Ealhred converteuse en rei. Pouco se fala do seu reinado na Crónica anglosaxoa, á parte de que foi rei, e de que posteriormente foi deposto e exiliado en 774. Simeón de Durham na súa Historia Regum Anglorum informa que fuxiu ao reino dos pictos, onde foi recibido por Ciniod.

Frank Stenton nota a conexión de Eahlred coas misións inglesas no continente. A misión de San Willehad, que levou á fundación do Arcebispado de Bremen, foi autorizada por unha asemblea relixiosa convocada por Ealhred. Tamén conservamos unha carta de Ealhred a San Lull, Arcebispo de Maguncia, nativo de Wessex.

Ealhred foi sucedido por Æthelred, fillo de Æthelwald Moll. O seu fillo Osred sería rei posteriormente. Un segundo fillo, Ealhmund morrería durante o reinado de Eardwulf e sería venerado como Alcmund de Derby.

Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Scottish Annals from English Chroniclers A.D. 500 to 1286. David Nutt, Londres, 1908. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. Stenton, Sir Frank M., Anglo-Saxon England. Oxford: Oxford UP, 1971 (3rd edn.) Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990.

Categoría:Reis de Northumbria