O aeroporto internacional de Beirut-Rafic Hariri (IATA: BEY, ICAO: OLBA) é un aeroporto situado a 9 quilómetros ao sur do centro da cidade de Beirut, no Líbano. Trátase do único aeroporto comercial operativo do país. É o centro de conexións da aeroliña nacional do Líbano, Middle East Airlines (MEA), e tamén para a aeroliña de carga libanesa Trans Mediterranean Airways e as aeroliñas chárter Med Airways e Wings of Lebanon.
É o principal punto de entrada ao país xunto co porto de Beirut. O aeroporto está operado polo Directorate General of Civil Aviation (DGCA), que depende do Ministerio de Obras Públicas e Transporte libanés. O DGCA tamén é o responsable do control do tráfico aéreo do espazo aéreo do Líbano. Todas as tarefas de mantemento realizadas no aeroporto son responsabilidade de Middle East Airports Services (MEAS), que é unha subsidiaria de Middle East Airlines.
Existen plans para substituír o DGCA por unha axencia autónoma pertencente ao goberno chamada Lebanese Civil Aviation Authority (LCAA) que debería asumir as responsabilidades de regular e supervisar a seguridade, mentres que a corporación gobernamental Beirut Rafic Hariri International Airport Corporation (BRHIAC) asumirá a dirección do aeroporto.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Beirut