Acontecementos Europa Humberto III de Savoia retoma Turín. Guillerme II de Sicilia alíase con Venecia. Bizancio e Venecia asinan un tratado de paz. Manuel I Comneno négalles aos monxes de Patmos o dereito a establecer nas súas terras un número ilimitado de labregos. En 1175 hai que restituir con outros monxes os labregos excedentarios que aqueles atraíran. Isaac II fixo o mesmo en 1186.
Oriente Próximo Saladino tórnase sultán do Exipto, a Siria e a Palestina. Os conselleiros de al-Malik recorren aos servizos da seita dos Asasinos para se desfacer de Saladino. A comezos de ano fracasa unha tentativa de asasinato no campamento de Saladino. Saladino fai que o califa lle outorgue o goberno de Exipto e de Siria. Renaud de Châtillon é liberado por al-Malik, despois de quince anos de cativerio en Alepo. Non logra chegar a Antioquía, onde reina o seu afillado Bohemundo III de Antioquía. Casa cunha nova viúva que lle outorga en dote os territorios situados ao leste do río Xordán e que inclúen as fortalezas de Kerak e Chawbak. Alíase cos Templarios e exerce unha influencia cada vez maior sobre a corte de Xerusalén. Fanático, é partidario dunha política de conquista fronte aos musulmáns. Fracaso de Bizancio contra o sultanato de Rum na Anatolia.
Outros Iníciase a construción da Catedral de Notre-Dame de Estrasburgo. Lais de María de Francia. Xerardo de Cremona traduce, ao latín, o "Almagesto", tradución árabe da obra do grego Tolomeo.
Nacementos Federico I de Austria Filipe I de Namur (-1212) Robert Grosseteste, eclesiástico e filósofo inglés (m. 1253).
Mortes Robert Wace, poeta normando (1115-) Henrique de Francia (1121-)
Historia ano a ano
Categoría:1175