Villains é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Queens of the Stone Age, publicado o 25 de agosto de 2017 a través do selo Matador Records. O disco anunciouse o día 14 de xuño cun avance en clave de parodia no que a banda realizaba unha proba de polígrafo co músico Liam Lynch. O seu primeiro sinxelo, "The Way You Used to Do", lanzouse o día seguinte co anuncio dunha xira mundial. Villains non conta con músicos convidados como os anteriore álbums do grupo.
O álbum recibiu polo xeral críticas positivas e funcionou ben comercialmente, chegando ao número 1 das listas da Billboard Top Alternative Albums e Top Rock Albums. Nos Grammy de 2018 foi nomeado ao premio ao "mellor álbum de rock", sendo gañado por The War on Drugs con A Deeper Understanding.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Queens of the Stone Age Categoría:Álbums musicais de 2017 Categoría:Álbums de Matador Records