miniatura| Mapa do río Anduin e das áreas próximas No legendarium do escritor inglés J. R. R. Tolkien, Anduin o GrandeJ.R.R. Tolkien, El Silmarillion, booket, 2006, p.58 (An(d)= longo, e duin = río en sindarinJ.R.R Tolkien, El Silmarillion, booket, 2006, p.421) é un río ficticio que fica ó leste das Hitaeglir. O Anduin percorre aproximadamente 2500 quilómetros até a súa foz na baía de Belfalas, formando un delta chamado Ethir Anduin. No seu curso pasa a carón de importantes lugares na cosmoloxía tolkiniana como a fervenza Rauros, Caor Andros ou Minas Tirith.F. Schneidewind, Diccionario Tolkien, Plaza&Janés, p.13 Frecuentemente, durante a Segunda Idade e Terceira Idade fixo as veces de raia entre varios reinos.
Historia Durante os Anos das Árbores os elfos marcharon cara ó oeste. Algúns dunha das tres liñaxes destes elfos, os teleri, seguiron o curso do Anduin cara ó sur pasando a ser denominados nandor, os que tornan. Estes elfos nunca chegaron a Valinor e decidiron asentarse nos bosques da rexión.
No val formado no seu tramo superior habitan os hobbits sendo a rama dos Nidios os que máis se achegaban á ribeira para vivirKaren Wynn, Atlas de la Tierra Media, timunmas, 2003, p.64.
Foi neste río onde Isildur perdeu o Anel Dominante que posteriormente atoparía o hobbit Déagol e tempo despois a Irmandade do Anel tamén recorreu o Anduin, xa que foi a carón del onde a Irmandade se despediu de Galadriel e de Celeborn deixando atrás Lothlórien.
Notas
Categoría:Xeografía de Arda