A lingua omaha-ponca é unha lingua síux falada polo pobo omaha de Nebraska e o pobo ponca de Nebraska e Oklahoma. Os dous dialectos difiren minimamente mais son considerados linguas diferentes polos seus falantes.Rudin & Shea (2006) "Omaha–Ponca", in the Encyclopedia of Language and Linguistics O omaha-ponca está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Uso e esforzos de revitalización Existen uns 60 falantes de omaha, dos cales 25 son falantes fluídos, e tamén existe unha presa de falantes semi-fluídos de Ponca.

A Universidade de Nebraska ofrece clases en lingua omaha, e o seu proxecto "Omaha Language Curriculum Development Project" (OLCDP) achega materiais en liña para aprender a lingua. En febreiro de 2015, un artigo cifraba o número de falantes fluídos en 12, todos eles con máis de 70 anos, entre os cales había dous profesores cualificados. O consello tribal estima unhas 150 persoas con algunha habilidade coa lingua. A lingua é ensinada na Escola Pública Nacional Umónhon. Unha aplicación para iPhone en lingua omaha foi desenvolvida pola Omaha Nation Public Schools (UNPS) e o Omaha Language Cultural Center (ULCC). Os membros do pobo osage de Oklahoma expresaron o seu interese nunha colaboración como base para revitalizar a lingua osage.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Omaha-Ponca Indian Language (Cegiha, Dhegiha), native-language.org

Categoría:Linguas síux Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo omaha