Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.
Traxectoria miniatura|Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Foi a quinta dos seis fillos de Xerardo Álvarez Limeses e Dolores Gallego. Sendo nena, a familia instalouse en Pontevedra. Alí realizou os seus estudos primarios e despois estudou Maxisterio. Coñeceu a Alexandre Bóveda nos ensaios da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, na que ambos cantaban. Casaron o 20 de outubro de 1930. Rematou a carreira e púxose a dar clases, mentres preparaba as oposicións. Optou por facer as de Facenda en Madrid. Obtivo praza en Cádiz e deixou os fillos con familiares. Foi trasladada a Pontevedra. Tivo complicacións para conseguir un certificado de adhesión ao réxime que lle permitiu ocupar a súa praza de funcionaria. As súas fillas foron sinaladas. Participou nas homenaxes que lle fixeron ao seu home coa chegada da democracia.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas , Luís (6/3/2016). "Amalia Álvarez, que se namorou cantando" Non des a esquecemento.
, Montse (2017). "Amalia Álvarez Gallego" no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 2001