STS-35 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 2 de decembro de 1990 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-35, con sete astronautas a bordo (Vance Brand, Guy Gardner, Jeffrey Hoffman, John Lounge e Robert Parker), foi lanzada para facer observacións astronómicas mediante o observatorio ultravioleta Astro 1 aloxado na bodega de carga. A tripulación tamén realizou varios experimentos a bordo.
O observatorio Astro 1 estaba formado por catro telescopios: o Telescopio Ultravioleta Hopkins (HUT), o experimento fotopolarímetro ultravioleta Wisconsin (WUPPE), o telescopio de imaxe ultravioleta (UIT) e o telescopio de banda ancha en raios X (BBXRT). Entro os experimentos secundarios estaban o experimento de radioafeccionado 2 (SAREX-2) e o experimento AMOS.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 11 de decembro de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS