STS-78 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 20 de xuño de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-78, con sete astronautas (Terence T. Henricks, Kevin R. Kregel, Susan J. Helms, Richard M. Linnehan, Charles E. Brady, Jean-Jacques Favier e Robert Brent Thirsk) a bordo, foi lanzada para facer experimentos no módulo LMS-1, un módulo Spacelab enfocado á bioloxía e á medicina.

LMS-1 levaba 41 experimentos incluíndo experimentos con embrións de peixe, ratas, bonsai, adicados a dinámica de fluídos, metalurxia, crecemento de cristais de proteína e outros, nos que participaron cinco axencias espaciais e dez países.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de xullo de 1996.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia

Categoría:Programa STS