Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.

Traxectoria Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDownArtículos escritos por Nacho Carretero, na web de JotDown ., XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia"Nacho Carretero, sobre los incendios en Galicia", reportaxe en La Sexta, 8 de febreiro de 2018 . ou o Deportivo da Coruña.

Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,"Así fue la visita del escritor y periodista Nacho Carretero al rodaje de 'Fariña'", artigo na web de Antena 3. unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra."Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove", artigo en Pontevedra Viva, 21 de febreiro de 2018. O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.

Obra miniatura|Presentación de Fariña en Bueu en 2018 con Fernando Miranda e Morris. Con resultado fatal (2014). Ed. de autor. 47 páxs. ISBN 978-84-617-0959-5. Fariña. Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia (2015).Ficha na web da editorial. Libros del K.O. Ilustrador Artur Galocha. 358 páxs. ISBN 978-84-16001-46-0. Fariña (2018). Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9121-330-7. Tadución ao galego. Farinha (2018). Desassossego. 304 páxs. ISBN. Tradución ao portugués. Nos parece mejor (2018). Libros del K.O. 150 páxs. ISBN 978-84-16001-85-9. Sobre a historia do Deportivo da Coruña.Ficha na páxina web da editorial. En el corredor de la muerte (2018). Espasa. 176 páxs. ISBN 978-84-670-4982-4. Sobre el caso Pablo Ibar. Al corredor de la mort (2019). Navona Ed. 144 páxs. ISBN 978-84-17978-29-7. Traducido ao catalán por Fariña. La novela gráfica (2019). Ilustrador Luís Bustos. Plan B. 128 páxs. ISBN 978-84-17001-83-4. Biografías aún por escribir. ANDRIY KOLOKHOLOV (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-4-9. Biografías aún por escribir. CRISTINA VÁZQUEZ (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-5-6. Biografías aún por escribir. VANESA VILELA (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-3-2. Con Marc Pallarés. Biografías aún por escribir. LUIS MIGUEL MUÑOZ (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-6-3.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Efecto Streisand Fariña (serie de televisión) Ligazóns externas Biografía do autor na páxina web da editorial Libros del K.O. .

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá