O regreso (en ) é un filme estadounidense de 1978 dirixido por Hal Ashby e protagonizado por Jane Fonda, Jon Voight e Bruce Dern. O guión, de Waldo Salt e Robert C. Jones, baséase nunha historia de Nancy Dowd. O filme trata sobre unha muller nova, o seu marido marine e un veterano paralítico da guerra de Vietnam que ela coñece mentres o seu home está embarcado. Fonda e Voight gañaron un Oscar polas súas interpretacións, mentres que Dern e Millford foron tamén candidatos.
Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1992.Programación
Ekenco
Jane Fonda como Sally Hyde Jon Voight como Luke Martin Bruce Dern como Captain Bob Hyde Penelope Milford como Vi Munson Robert Carradine como Bill Munson Robert Ginty como Sergeant Dink Mobley Mary Gregory como Martha Vickery Kathleen Miller como Kathy Delise Beeson Carroll como Captain Earl Delise Willie Tyler como Virgil Lou Carello como Bozo Charles Cyphers como Pee Wee Olivia Cole como Corrine Tresa Hughes como Nurse Degroot Bruce French como Dr. Lincoln
Premios O regreso participou no Festival de Cannes de 1978, onde Voight gañou o premio ao mellor actor.
O filme gañou tres premios Oscar: mellor actor (Jon Voight), mellor actriz (Jane Fonda) e mellor guión orixinal (Waldo Salt, Robert C. Jones e Nancy Dowd). Foi candidato a outros seis Oscar, incluíndo mellor filme e mellor dirección.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Norden, Martin F, The Cinema of Isolation: a history of physical disability in the movies, Rutgers University Press, 1994, 0-8135-2104-1 Peary, Danny, Alternative Oscars, Delta, 1993. 0-385-30332-7 Wiley, Mason & Bona, Damien, Inside Oscars, Ballantine Books, 1996, 0-345-40053-4
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1968 Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes de 1978 con versión en galego