María del Rosario Álvarez de Sotomayor, nada en Liáns (Oleiros) en 1921, é unha pintora galega de óleos e acuarelas, autora entre outras da obra Oleiros de Buño.

Traxectoria De cativa foi criada nun ambiente familiar de promoción das artes e da pintura, sendo filla do autor ferrolán Fernando Álvarez de Sotomayor e a tamén pintora Pilar de Castro Gómez, e partillando interese artístico coas súas irmás María del Pilar, María del Carmen e María Josefa, artistas igualmente.

Fixo o seu debut na exposición conmemorativa do vinte e cinco aniversario da creación da Asociación de Artistas da Coruña do ano 1960. Nesa exposición presentou un cadro abocetado protagonizado por un neno campesiño. Posteriormente expuxo nas cidades de Londres, Pamplona e Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fernando Álvarez de Sotomayor Bibliografía

Ligazóns externas Retrato de Rosario Álvarez feito polo seu pai exposto no Museo do Prado.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Oleiros