A albumina sérica ou seroalbumina, é unha proteína albumina (un tipo de proteína globular) que se encontra no sangue dos vertebrados. As máis coñecidas son a albumina sérica humana, codificada polo xene ALB do cromosoma 4, e a albumina sérica bovina, quimicamente similar, que ten moitos usos en laboratorio e clínicos. A albumina sérica de galiña denomínase conalbumina.

A albumina sérica prodúcese no fígado, aparece disolta no plasma sanguíneo e é a proteína sanguínea máis importante dos mamíferos. A albumina sérica é esencial para manter a presión oncótica necesria para a distribución apropiada dos fluídos corporais entre os vasos sanguíneos e tecidos do corpo; sen esta albumina, a alta presión nos vasos sanguíneos forzaría a saída de máis fluídos cara aos tecidos. Tamén actuaría como un transportador do plasma de varias hormonas esteroides hidrófobas que non se unen especificamente e de hormonas tiroides, así como unha proteína de transporte da hemina e ácidos graxos. Que haxa demasiada ou demasiada pouca albumina sérica circulante pode ser nocivo. A albumina sérica na urina xeralmente denota a presenza de doenzas renais. Ocasionalmente a albumina sérica aparece na urina de persoas normais despois de estar moito trempo de pé (albuminuria postural).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas RCSB Protein Data Bank : Molécula do mes – Albumina sérica Predición da unión á albumina

Categoría:Proteínas