Alan Rees, nado en Langstone (Monmouthshire) o 12 de xaneiro de 1938 e finado en Ascot o 6 de setembro de 2024, foi un piloto de automobilismo do País de Gales.

Traxectoria Participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial na década de 1960, aínda que en dúas destas aparicións pilotaba coches de Fórmula 2. Non logrou puntos de campionato. O seu mellor resultado foi o sétimo lugar (segundo na clase de Fórmula 2) no Gran Premio de Alemaña de 1967.

Rees pilotou para o equipo Lotus Fórmula Júnior en 1962 e gañou tres carreiras antes do accidente nos 1000 km de Nürburgring de coches deportivos co que rematou a súa tempada. De 1963 a 1968, pilotou para o equipo Roy Winklemann Racing na Fórmula Dous e frecuentemente obtivo vitorias sobre pilotos experimentados como Jackie Stewart e Jochen Rindt.

Despois de que rematara a súa carreira de piloto, Rees cofundou March Engineering; As súas iniciais son as "AR" en "March", xunto con Max Mosley, Graham Coaker e Robin Herd. Posteriormente converteuse en director de equipo de Shadow Racing Cars e máis tarde cofundou Arrows Grand Prix International.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Roy Winkelmann Racing Brabham BT18 (F2) Cosworth4 en liña 1.0L MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA MON NED BEL FRA GBR NC 0 Roy Winkelmann Racing Brabham BT23 (F2) Cosworth4 en liña 1.6L ALE CAN ITA USA MEX

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Gales Categoría:Finados en 2024 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gales Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1