Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2025, foi un activista cultural, ilustrador e escritor galego.

Traxectoria miniatura|Carlos Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias: Polo correo do vento.

Foi xogador de balonmán nas categoría inferiores do Teucro, defendeu con Enrique Mauricio a portería do club Artai. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo Publicidade.

Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.

É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008. Tamén colaboraron en "Queres un conto" do Xabarín Club da TVG e en 2016 foron convidados á Feira do Libro de Bos Aires como embaixadores do Salón do Libro de Pontevedra. Asinaron murais no espazo público, boa parte deles en colexios de Pontevedra. Da súa autoría son o dedicado á e scritora María Victoria Moreno e o dedicado ás mulleres de Pontevedra.

En 2018 publicou en solitario A biblioteca de Pedrarcana, obra finalista no Premio Merlín: Polo Correo do Vento foi Premio Cidade de Pontevedra 2025 na categoría de persoa xurídica, xa que segundo o Concello «vén amosando desde a súa creación unha excelencia artística recoñecida e recoñecíbel, así como un compromiso para coa cultura galega e pontevedresa... que destaca pola súa capacidade creativa excepcional e polo seu foco no público infantil con materiais de extraordinaria calidade».

Pasamento Finou de morte repentina o 13 de agosto de 2025 con 45 anos. Xente do mundo da cultura, da política, do activismo social e do deporte ateigou o tanatorio de San Mauro no acto civil que se celebrou polo seu pasamento. Falaron a muller, a irmá, curmáns e amigos nun acto conducido por Enrique Mauricio e no que se cantaron na súa honra "Grandola", "Non canta na cha ninguén" etc.

O alcalde Pontevedra, os líderes da oposición, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), o Salón do Libro, o Festival de Cans, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xerais, o Xabarín, Sete falares, o Museo de Pontevedra e a Consellería de Cultura mostraron o seu pesar polo falecemento.

Obras A biblioteca de Pedrarcana (2018). Edicións Xerais, 216 p., ISBN 978-84-9121-370-3. O caderno de Roque (2025). Vigo: Xerais, Merlín. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-620-7. ePub: ISBN 978-84-1110-625-2. Finalista do XXXIX Premio Merlín 2024. Ilustracións do autor.

Con Enrique Mauricio

Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0. Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3. Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0. Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0. O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5. Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0. Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7. Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4. Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8. A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5. A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362. Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9. De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3. Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3. Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8. De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5. A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1.

Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8. De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5. A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1. Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). Ilustracións de Tania Solla. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6. Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505. Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 9788412623512. Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-126235-2-9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Polo Correo do vento Canle de YouTube Polo Correo do vento

Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1979 Categoría:Finados en 2025