O ibis sagradoIV Xornadas de iniciación á ornitoloxía, páxina da Sociedade Galega de Ornitoloxía (Threskiornis aethiopicus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia ThreskiornithidaeClements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of OrnithologyPeterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xaneiro de 2011. propia de rexións de África e Asia.

Características Posúe unha plumaxe branca no tronco, na base das ás, ventre e cola, e negra na testa e nos extremos das ás, que en reposo superan o longo da cola. De costumes diúrnas e gregarias, habita nas beiras dos ríos, lagos e augas estancadas, asociado con outras aves acuáticas de semellantes hábitos alimenticios como as cegoñas ou o marabú africano. Aliméntase principalmente de insectos e miñocas, ademais de crustáceos e pequenos réptiles, ós que captura co seu longo peteiro curvo.

Culto O ibis sagrado era considerado un animal sagrado para os exipcios. Crían que era un mensaxeiro do deus Thoth.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Pelecaniformes Categoría:Animais descritos en 1790 Categoría:Aves de África