Georgian Airways (xeorxiano: ჯორჯიან ეარვეისი), anterormente Airzena, é a aeroliña nacional de Xeorxia. A compañía ten a súa sede en Tbilisi e a súa base principal atópase no aeroporto de Tbilisi.

Historia Airzena fundouse no mes de setembro de 1993 e no ano 1999 Airzena converteuse na aeroliña de bandeira de Xeorxia. En agosto de 2004 a compañía cambiou o seu nome para Georgian Airways.

Na primeira metade da década dos 2000 a dirección a aeroliña decidiu modernizar a frota e alugou dous Boeing 737-500 a Hapag-Lloyd. Este foi o primeiro caso dunha aeroliña xeorxiana operando equipamento occidental moderno. Dende entón Georgian Airways non deixou de desenvolver e modernizar a súa frota.

Frota

En xaneiro de 2018 a frota de Georgian Airways estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Georgian AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasJYTotalBoeing 737-7003212120132Bombardier CRJ200LR2—64450Embraer 190398897Bombardier Challenger 8501—VIPPara uso VIP e do goberno.Total92

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Xeorxia