Un keylogger pode ser tanto un programa informático como un dispositivo hardware que serve para rexistrar as pulsacións que se realizan no teclado e gardarlas nun ficheiro (log). Logo pode verse ese ficheiro e descubrir que teclas foron premidas, en que programa, e a que hora. Algúns keyloggers permiten o envío dos logs por correo electrónico.
Os keyloggers veñen existindo desde MS-DOS, cando os comandos que se introducían quedaban rexistrados.
Perigos que comporta Un keylogger pode ser unha seria ameaza para a privaciade dos nosos ordenadores, ademais de que pode captar datos importantes, como contrasinais ou información confidencial. Por este motivo calquera antivirus ou antispyware actual identificará calquera keylogger como unha ameaza e eliminaraa se lle damos consentimento.
Aínda así os keyloggers poden ser unha ferramenta útil, por exemplo se borramos un documento escrito podemos recuperar o texto mirando o log do keylogger, tamén pode servir para controlar as actividades dos rapaces pequenos cando están en Internet etc.
Véxase tamén Outros artigos Cabalo de troia Spyware
Ligazóns externas Revealer Keylogger Free Edition . Perfect Keylogger - Un dos keylogger máis famosos, existe unha versión gratuíta . All-in-one-Keylogger . Powered Keylogger . Keylogger Hardware USB . DIY Open Source Hardware KeyLogger DIY Open Source Hardware KeyLogger . Keyloggers Comparación Ata comparación data da maioría dos keyloggers comerciais populares.
Categoría:Malware