Hegoalde (en éuscaro 'Parte Sur'), País Vasco sur, País Vasco español ou País Vasco peninsularAlgúns, como o político e escritor Iñaki Anasagasti, consideran que non é axeitado usar o termo Hegoalde, aínda que significa literalmente "parte sur" en éuscaro, porque simplifica e distorsiona a realidade xeográfica e política. son algúns dos distintos nomes que se usan para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración española, en contraposición a aqueles que están baixo administración francesa, o Iparralde.

Situación O Hegoalde atópase ao sur do Bidasoa, río fronteirizo entre España e Francia. Constitúese coas provincias (herrialdes) (de Áraba, Biscaia e Guipúscoa na Comunidade Autónoma Vasca) xuntamente coa provincia de Navarra (Comunidade Foral de Navarra).

Lingua A diferenza de Iparralde, tamén chamado Euskadi continental e País Vasco Francés, onde só é oficial a lingua francesa e o éuscaro non é oficial, a lingua éuscara é oficial en toda a Comunidade Autónoma Vasca e nunha zona da Comunidade Foral de Navarra. O castelán é cooficial en todo Hegoalde.

Véxase tamén

País Vasco (homónimos)

Categoría:País Vasco