O Eurocopter AS355 Écureuil 2 (agora Airbus Helicopters), tamén chamado Twin Squirrel, é un helicóptero lixeiro utilitario bimotor fabricado orixinalmente por Aérospatiale en Francia (despois parte do Eurocopter Group e hoxe Airbus Helicopters). O AS355 está comercializado en Norteamérica como o TwinStar.
Deseño e desenvolvemento O desenvolvemento en Aérospatiale comezou a principios dos 70 para substituír o Aérospatiale Alouette II, e o primeiro voo tivo lugar o 27 de xuño de 1974. Unha versión de dous motores, coñecida como o Écureuil 2, Twin Squirrel, ou en Norteamérica como o TwinStar, voou por vez primeira o 28 de setembro de 1979.Taylor 1988, p.61
A pesar da introdución do Eurocopter EC130 en 2001, a produción tanto do AS350 como do AS355, e dos seus equivalentes militares AS550 e AS555 Fennec, continuou durante algún tempo. En 2007 entrou en servizo a variante máis capaz AS355 NP con motores FADEC. En setembro de 2015 Airbus Helicopters anunciou que remataría de fabricar o AS355 para centrarse en helicópteros con mellores vendas (a produción do AS350 aínda continua). A fabricación do AS355 continuou ata 2016 cando se completou a lista de pedidos.
Variantes
Bimotores dereita|miniatura|AS355N Twin Squirrel dereita|miniatura|Twin Squirrel da policía de Malaisia dereita|miniatura|AS355 Ecureuil 2 dereita|miniatura|AS355 de BBC News
AS355 Prototipo do bimotor Écureuil 2 ou Twin Squirrel. AS355 E Versión inicial de produción, cun só sistema hidráulico e dous motores turboeixo Allison 250-C20F. AS355 F Versión mellorada cos dous sistemas hidráulicos e un incremento do peso máximo de engalaxe de 2 300 kg. AS355 F1 Equipado con dous motores Allison 250-C20F e con 2 400 kg de peso máximo. AS355 F2 Impulsado por dous Allison 250-C20F, con 2 540 kg de peso máximo e un sistema de compensación de guiñada. AS355 M Versión armada inicial do AS355 F1. AS355 M2 Versión armada do AS355 F2. Substituído polo AS555 Fennec. AS355 N Ecureuil 2 Versión equipada con dous motores Turbomeca Arrius 1A e un sistema de Control de Motor Electrónico con Autoridade Total (FADEC) para un mellor peso máximo na engalaxe (2 600 kg) e un mellor rendemento cun só motor. Púxose tamén a correa do rotor de cola ao longo do lado de estribor da pluma de cola para mellorar o control de xiro. AS355 NP Ecureuil 2 Introducida en 2007, esta versión ten dous motores turboeixo Turbomeca Arrius 1A1 e unha nova transmisión principal baseada na do AS350 B3, peso máximo na engalaxe incrementado ata os 2 800 kg. HB.355F Esquilo Bi Montada no Brasil por Helibras (parte de Eurocopter). HB.355N Esquilo Bi Montada no Brasil por Helibras.
Conversións
Heli-Lynx 355FX1 Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA. Heli-Lynx 355FX2 Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA. Heli-Lynx 355FX2R Impulsado polo motor Allison C20R. Aprobada pola FAA e a TC. Starflex AS355F1R AS355 F1 cun motor Allison C20R. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA. Starflex AS355F2R AS355 F2 cun motor Allison C20R con palas do rotor optimizadas. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
Notas
Bibliografía Taylor, John W.R. Jane's All the World's Aircraft 1988–89. Coulsdon, UK:Jane's Defence Data, 1988. .
Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Airbus Helicopters Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1979