Branca de Castela, nada en Palencia o 4 de marzo de 1188 e finada en Melun en 1252, foi unha infanta de Castela e raíña consorte de Francia polo seu matrimonio co rei Lois VIII. Foi nai do rei Lois IX, quen foi canonizado.
Orixes familiares Branca foi filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Lionor de Plantagenet. Os seus avós paternos foron os reis Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Navarra e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a súa esposa Aliénor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela, nai de Fernando III de Castela, rei de Castela e León.
Traxectoria Nada en Palencia en 1188 foi aleitada por unha ama de cría proveniente do lugar de La Serna chamada Sancha López, a cal foi recompensada xunto ao seu marido Martín García con boas terras de labranza segundo o privilexio no cartulario do mosteiro de Santa María de la Vega. Afonso VIII confiou a Pedro Rodríguez de Castro e á súa muller Urraca Rodríguez de Guzmán a crianza da infanta Branca na súa casa de Itero de la Vega, puerula infantissa Domina Branca, nutriente in domo Petri roderici de Castro. Na súa mocidade visitou varias veces a abadía de Santa María la Real de Las Huelgas, fundada polos seus pais.
Como consecuencia do tratado de Le Goulet, Filipe II Augusto de Francia e Xoán I de Inglaterra acordaron que o herdeiro ao trono de Francia, o futuro Lois VIII, casase cunha infanta de Castela. Os embaixadores de ambos os reinos en 1199 levaron a cabo as negociacións para o matrimonio e en 1200, a xa anciá Aliénor de Aquitania, desprazouse a Castela, onde reinaba a súa filla Lionor, para coñecer as súas netas e decidir cal sería a futura «raíña da Flor de Lis». A intención orixinal era levar como prometida do príncipe Lois a entón filla máis vella solteira dos reis de Castela, Urraca, pero ao final Lionor escolleu a súa segunda neta Branca, xa que ao seu parecer, esta infanta encaixaría mellor na corte de Francia. Con apenas doce anos a infanta Branca despediuse dos seus pais e irmáns e emprendeu viaxe coa súa avoa cara a Francia e pouco despois, o 22 de maio de 1200 celebrouse a voda co herdeiro da coroa.
Ao morrer Filipe, o 14 de xullo de 1223, ocupou o trono o marido de Branca co nome de Lois VIII. Aos tres anos, Lois morreu de disentería á volta dunha campaña militar pola que pretendía recuperar o Mediodía para Francia.
Branca foi unha eficaz conselleira do seu marido. Nai de varios fillos, o segundo dos sobreviventes, Lois, foi proclamado rei á morte do seu pai, contando soamente doce anos de idade, en 1226. Branca foi nomeada rexente, enfrontándose aos problemas perentorios do seu tempo, como as pugnas con Inglaterra, o conflito cos cátaros e as presións da nobreza.
En 1236, doou as súas propiedades en Pontoise así como outras terras para a edificación dun mosteiro que fundou en 1242 co nome de Notre-Dame-la-Royale en honra á Virxe María, aínda que o nome que prevaleceu foi o de abadía de Maubuisson.
En 1248, Branca volveu ser rexente durante a ausencia de Lois IX pola cruzada, proxecto ao que ela se opuxo fortemente. Nos desastres que seguiron, mantivo a paz, mentres baleiraba o país de homes e diñeiro para axudar o seu fillo en Oriente. Caeu enferma en Melun en novembro de 1252 e foi levada a París, mais viviu só uns poucos días.Véxase ademais: Élie Berger, "Histoire de Blanche de Castille, reine de France", en Bibliothèque des écoles françaises d'Athènes et de Rome, vol lxx. (París, 1895) Le Nain de Tillemont, "Vie de Saint Louis", ed. por J. de Gaulle para Société de l'histoire de France (6 vols., 1847-1851) Paulin Paris, "Nouvelles recherches sur les mœurs de la reine Blanche et de Thibaud", en Cabinet historique (1858). Recibiu sepultura na abadía de Maubisson. Lois soubo da súa morte a primavera seguinte e disque non falou con ninguén durante os dous días seguintes.
Matrimonio e descendencia miniatura|Abadía de Maubuisson Froito do seu matrimonio co rei Lois VIII de Francia naceron:
Felipe (1209-1218), príncipe herdeiro Lois (1214-1270), quen sucedeu ao seu pai no trono. Roberto (1216-1250), conde de Artois Xoán (1219-1232) Afonso (1220-1271), conde de Poitiers e de Tolosa. Felipe Dagoberto (1222-1232) Isabel (1225-1269) Etienne (nada e morta en 1226) Carlos (1227-1285), conde de Anjou e Maine e rei de Sicilia e de Nápoles.
Ascendencia Devanceiros de Branca de Castela
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Xenealoxía de Branca de Castela
Categoría:Nados en Palencia Categoría:Nados en 1188 Categoría:Finados en 1252 Categoría:Infantes de Castela Categoría:Raíñas consortes de Francia Categoría:Rexentes