Brucella abortus é unha especie de proteobacteria gramnegativa bacilar patóxena da familia Brucellaceae, que é un dos axentes causantes da brucelose, xunto con outras brucelas. É unha bacteria formadora de esporas, non móbil e aerobia.

Brucella abortus entra nos fagocitos e pode reproducirse dentro deles, polo que invade as defensas animais e humanas, o cal causa unha doenza crónica no hóspede.Tracy H. Vemulapalli, Ramesh Vemulapalli, Gerhardt G. Schurig, Stephen M. Boyle, e Nammalwar Sriranganathan. Role in Virulence of a Brucella abortus Protein Exhibiting Lectin-Like Activity. Infect Immun. 2006 Jan; 74(1): 183–191. doi: [10.1128/IAI.74.1.183-191.2006]. PMCID: PMC1346633. PMID 16368972 O fígado e o bazo son as áreas afectadas do corpo. Os granxeiros e veterinarios son as persoas que están en máis alto risco de contaxiarse da doenza. Os porcos, cabras, ovellas e gando vacún son algúns dos reservorios para esta doenza. B. abortus causa o aborto e a infertilidade no gando adulto e é unha zoonose, que está presente en todo o mundo. Tamén afecta os bisontes. Os humanos infectanse xeralmente ao beber leite non pasteurizado procedente de animais infectados.

O período de incubación da doenza pode ser de dúas semanas a un ano. Unha vez que se empezan a manifestar os síntomas, o hóspede estará enfermo durante de 5 días a 5 meses, dependendo da gravidade da doenza. Algúns dos síntomas da brucelose son: febre, calafríos, dor de cabeza, dor de costas e perda de peso. Como moitas outras doenzas, pode ter graves complicacións; a endocardite e os abscesos no fígado son un par de complicacións que se dan con certa frecuencia na brucelose.

Historicamente a bacteria chamouse Bacillus abortus ou bacilo de Bang, pero en 1920 foi pasada ao xénero Brucella.LPSN. bacterio.net. Brucella

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Rhizobiales