George Gershwin, nado en Brooklyn (Nova York) o 26 de setembro, 1898 e finado nos Ánxeles (California) o 11 de xullo de 1937, foi un compositor estadounidense.
Traxectoria Naceu co nome de Jacob Gershowitz, segundo fillo de pais xudeus procedentes de Rusia. George escribiu a maioría das súas composicións coa colaboración do seu irmán máis vello Ira Gershwin. Gershwin compuxo para Broadway, para orquestras clásicas e escribiu tamén cancións populares con éxito. As súas obras sintetizan aspectos do jazz dentro da tradición da música clásica. Dúas das súas pezas máis coñecidas son "Rhapsody in Blue" (1924) e "Porgy and Bess" (1935)
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Compositores de ópera Categoría:Finados por tumor cerebral