Zehra Doğan, nada no distrito de Bağlar (provincia de Diyarbakır, Turquía) en 1989, é unha artista e xornalista kurda. É editora de Jinha, unha axencia kurda de noticias con perspectiva de xénero. Foi encarceada en 2017 por realizar murais na cidade de Nísibis, publicalos nas redes e por escribir un artigo . A nova do seu arresto tivo moita repercusión propiciando protestas de artistas como Banksy e Ai Weiwei. Traxectoria Dogan vivía e traballaba en Nísibis, unha vila turca na fronteira con Siria, desde onde facía a súa labor xornalística. Foi arrestada nunha cafetería desta vila o 21 de xullo de 2016. O 2 de marzo de 2017 foi acusada de pertencer a unha organización ilegal e a súa sentenza condeouna a dous anos, 9 meses e 22 días de prisión baixo os cargos de reproducir unha pintura nas súas contas nas redes sociais.

“Fun sentenciada a 2 anos e 10 meses de cárcere só porque pintei banderas turcas en escombros de edificios. Eles, [o goberno turco] foron los causantes, eu só o pintei,” declarou Dogan na súa conta de Twitter logo da sentenza. Referíase á pintura que creara e que reproducía a vila kurda de Nusaybin logo de quedar destruída polas forzas de seguirdade turcas, na que as bandeiras turca ondeaban desde as ruínas dos edificios da vila.

En prisión, ela e outras mulleres crearon o diario Özgür Gündem Zindan (Calabozo de Libre Axenda), cuxo nome é un xogo de palabras co termo Özgür Gündem (Axenda Libre), unha publicación con base en Istanbul e de audiencia kurda.

A súa axencia de novas, Jinha, foi pechada o 29 de outubro de 2016 polas autoridades turcas, sumándose á lista de máis de 100 medios de comunicación pechados desde o golpe militar de xullo de 2016.

O Estado turco aplicoulle en outubro de 2018 unha medida de dispersión forzosa, trasladándoa ao penal de Tarso.

En novembro de 2017, o artista disidente chinés Ai WeiWei publicou unha carta de solidariedade con Dogan establecendo paralelismos entre a represión á liberdade de expresión dos gobernos chinés e turco.

O 16 de marzo de 2018, Banksy inaugurou un mural en Nova York que representa as marcas dos días en que Dogan estivo encarceada, amosando tras elas o rostro de Dogan mirando cara ao cárcere.

Finalmente saíu de prisión o 24 de febreiro de 2019, tras pasar case vinte meses encarceada.

Premios e recoñecementos No ano 2015 Dogan recibiu o Premio de xornalismo Metin Göktepe (nomeado na honra do xornalista que morrera en custodia policial en Turquía en 1996). Otorgáronlle este premio tras realizar unha reportaxe sobre as mulleres xacedís que escaparan da escravitude do DAESH.

Dogan foi nomeada para os premios 2019 Freedom of Speech.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na provincia de Diyarbakır Categoría:Activistas de Turquía Categoría:Xornalistas de Turquía