Fernando Arias Rodríguez, nado en Lugo en 1883 e finado en Aranga o 3 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Veciño de Rábade, o 16 de maio de 1931 foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Rábade.El Pueblo Gallego, 20-1-1931, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Monte da Reborica (Aranga). O seu cadáver foi soterrado na fosa común de Vilarraso.
Vida persoal
Casou con Celia Parga Pérez-Riaño e foi pai de Fernando e Elías Arias Parga.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos