Venancio Pérez Blanco, nado en Cariño cara a 1913 e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Antigo cabo de artillaría que foi expulsado da Armada. Empregado de banca. Secretario das Juventudes Socialistas Unificadas de Ferrol. Era representante do Socorro Vermello Internacional. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Escollera do Arsenal. Ese mesmo día foi paseado en Canido con Guillermo Cedrón Gómez, Mario Rico Cobas, Felipe Hermida González, Carlos Pérez Fachal, Manuel González Díaz, Andrés Iglesias Garrote, José Rico Torrente, Antonio Fernández Mourente e Ramón Hermo Miranda.La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7. Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cariño Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1913 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos