O waimiri-atroari é a lingua falada polo pobo waimiri-atroari, un pobo indíxena do Brasil. O pobo chámase a si mesmo kinja e chaman á súa lingua "kinja iara" (que quere dicir “lingua da xente”). A lingua recibe moitos outros nomes, como atroahy, atroahí, atroarí, atroaí, atrowari, atruahi, atruahí, ki'nya, krishaná, waimirí, waimirí-atroarí ou yawaperí. A lingua ten unha alta taxa de transmisión, xa que é falada por tódolos membros da comunidade e tamén é empregada na escrita e na lectura. O waimiri-atroari está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas do Brasil