Duster é unha banda estadounidense de rock formada polos multiinstrumentistas Clay Parton, Canaan Dove Amber e Jason Albertini. Albertini tocou a batería en tres temas do álbum Stratosphere de 1998, e co EP 1975 de 1999 involucrouse máis no grupo, tocando máis instrumentos e compartindo os créditos de gravación e produción con Parton e Amber. No álbum Contemporary Movement de 2000 estaba totalmente inplicado no proceso creativo como un membro permanente de Duster.

Parton tamén toca co seu proxecto paralelo Eiafuawn e toca a batería coa banda de punk rock El Buzzard. Albertini ten a súa propia banda, Helvetia, que publicou varios discos a través do selo de Parton, The Static Cult Label, e toca os teclados e a batería con Mike Johnson. Parton e Amber tamén dirixen o estudio de gravación Low Earth Orbit.

O 13 de abril de 2018 Duster publicou na súa páxina de Instagram que están “gravando un pouco”.

Discografía ÁlbumAnoSeloStratosphere1998Up RecordsContemporary Movement2000Up Records

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Santa Clara Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1996