Jean Louis Cabanis, nado o 8 de marzo de 1816 en Berlín, e finado o 20 de febreiro de 1906 na mesma cidade, foi un ornitólogo alemán.

Traxectoria Cabanis naceu en Berlín, no seo dunha vella familia hugonote que emigrara de Francia. Estudou na Universidade Humboldt desa cidade, desde 1835 a 1839, ano en que viaxou a América do Norte, regresando en 1841 cunha gran colección de espécimes de historia natural. Ao seu regreso impratiu clases na universidade na que estudou.

Foi o director auxiliar do Museo de Historia Natural de Berlín, posto deixado por Martin Lichtenstein. Fundou en 1853 o Journal für Ornithologie, supervisándoo durante os seguintes corenta e un anos, cando foi sucedido polo seu xenro Anton Reichenow.

Eponimia Nomeáronse varias aves na súa honra: Tangara cabanisi Emberiza cabanisi Synallaxis cabanisi Phyllastrephus cabanisi Tangara cabanisi Phyllastrephus cabanisi Lanius cabanisi Pseudonigrita cabanisi

Abreviatura A abreviatura Cabanis emprégase para reecoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bo Beolens & Michael Watkins (2004): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5. Ludwig Gebhardt (2006): Die Ornithologen Mitteleuropas. Wiebelsheim, Renania-Palatinado, Alemaña: AULA-Verlag ISBN 3-8910-4680-4.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Nados en 1816 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Finados en 1906