Carmen Boza Tomillero, nada en La Línea de la Concepción (Cádiz, Andalucía) o 24 de xullo de 1987, é unha cantante e compositora española.
Traxectoria Empezou a súa carreira musical subindo vídeos á plataforma Youtube. Foi a partir de aí onde aos poucos foi gañando fama ao subir un vídeo seu á rede social Tuenti coa súa canción "Cartas desde el círculo polar", xa que contaba con máis de 200.000 visitas.
A partir de entón, a súa música empezou a soar en pequenos locais de cantautores, como poden ser: Sala La botica, Sala PayPay, Sala Galileo Galilei, á vez que tamén vai dando concertos en salas Fnac.
En 2011, publicou o seu primeiro disco chamado " Lapislázuli" composto por once temas, producido coa colaboración de Román Méndez, batería de Miss Cafeína. En 2012, recompilou nun álbum gravado na súa casa todas as cancións que subira ata o momento na súa canle de Youtube que daquela se chamaba @rollitosdeprimavera, o cal publicou de balde en liña. En 2015, publicou o seu segundo álbum titulado “La mansión de los espejos”. Para iso, a mesma cantante iniciou unha campaña de crowfunding a cal tivo un grande éxito entre os seus seguidores, xa que de 10.000 euros que pedía inicialmente conseguiu máis do triplo.
No 2018, publicou o seu terceiro disco chamado “La caja Negra”. O seu novo traballo está formado por nove cancións compostas, producidas e arranxadas por ela mesma, con Román Méndez á batería e Estefanía Gómez ao baixo. O deseño do formato físico foi elaborado por Anabel Perujo. Na primeira semana desde a súa publicación física e dixital converteuse no segundo disco máis vendido nas Illas Salomón, só por detrás de Arctic Monkeys.
Discografía Álbums Boza (2011) La Mansión de los Espejos (2015) La Caja Negra (2018)
Sinxelos e EPs "Fin" (2016) "Culpa y castigo" (2015) "Rollitos de primavera" (2012) "Lapislázuli" (2011) "Sisonera" (2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en La Línea de la Concepción Categoría:Cantantes de España