Pelophylax kl. esculentus é o nome científico dunha ra verde europea comestible orixinada por hibridación (ver clepton, kl.).
Utilízase como alimento, especialmente en Francia, para comer as súas ancas. As femias miden entre 5 e 9 cm de longo, os machos entre 6 e 11 cm.
Distribución
Pelophylax kl. esculentus é endémica de Europa. Aparece de forma natural desde a metade norte de Francia ao oeste de Rusia, e desde Estonia e Dinamarca a Bulgaria e norte de Italia. Foi introducida en EspañaFrost, Darrel R. «Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.3 (12 February, 2009)» (en inglés). American Museum of Natural History, New York, USA. Consultado el 30 de agosto de 2009. «ASW (2009)» e o Reino Unido. A área de distribución natural é case idéntica á de Pelophylax lessonae.
Hibridoxénese
Pelophylax kl. esculentus é o híbrido fértil entre a especie Pelophylax lessonae e Pelophylax ridibundus. Reprodúcese por hibridoxénese (hemiclonalmente).
A hibridoxénese implica que durante a gametoxénese os híbridos (de xenotipo RL) exclúen un xenoma parental (L ou R) e producen gametos cun xenoma non recombinado da outra especie parental (R ou L, respectivamente), en vez de conteren unha combinación de xenomas parentais recombinados. As poboacións híbridas propáganse xeralmente por apareamento (por retrocruzamento) cunha especie parental simpátrica (P. lessonae (LL) ou P. ridibundus (RR)), proporcionando o segundo xenoma parental descartado (L ou R, respectivamente). A hibridoxénese é así un modo hemiclonal de reprodución; a metade do xenoma transmítese á seguinte xeración clonalmente e sen recombinar (intacto); a outra metade faino sexualmente e recombinado.
Por exemplo, no sistema máis estendido chamado sistema L–E, as ras Pelophylax kl. esculentus (RE) producen gametos da ra P. ridibundus (R) e aparéanse con ras Pelophylax lessonae (L gametos) coexistentes (ver abaixo a imaxe central). none|miniatura|500px|Exemplo de cruzamento entre Pelophylax lessonae e P. ridibundus e os seus híbridos P. kl. esculentus. O primeiro é a hibridación primaria que xera o híbrido; a segunda é o tipo máis estendido de hibridoxénese.
Como este híbrido require outro taxon como hóspede sexual para reproducirse, que xeralmente é unha das especies parentais, é o que se denomina un clepton. Por tanto, de aí vén que se engada "kl." (que indica klepton, clepton) no nome da especie.
Tamén se coñecen poboacións con todos os individuos híbridos, nos que os híbridos diploides (LR) coexisten con híbridos triploides (LLR ou LRR), proporcionando xenomas L ou R, respectivamente. Nesta situación, os híbridos diploides (LR) xeran non só gametos R ou L haploides, senón tamén os gametos diploides (RL) necesarios para volver crear os triploides.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
ArchéoZooThèque : Debuxo do esqueleto dunha ra verde comestible Informe sobre a especie en HerpFrance.com Vídeo: Poza de ras e ras verdes híbridas en YouTube. Apareamentos híbridos.
Categoría:Anfibios de Europa Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1758