Os son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Sendai, Miyagi. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League desde a súa fundación en 2005, sendo o equipo máis novo da competición. O equipo foi creado para solucionar a crise creada tras a fusión dos Orix BlueWave e os Osaka Kintetsu Buffaloes, xa que deixaba a Liga do Pacífico con só cinco equipos. O equipo é propiedade da empresa de venda por Internet Rakuten e xoga os seus partidos como local no Rakuten Seimei Park Miyagi, estadio con capacidade para 30.508 espectadores.

Historia thumb|left|Fumiya Ono. A fusión dos Orix BlueWave cos Kintetsu Buffaloes para formar os Orix Buffaloes no ano 2004 provocou unha forte crise na Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB), xa que deixaba unha praza libre das doce dispoñíbeis. Mentres a NPB debatía unha reestruturación do campionato, os xogadores protestaron pola situación e chegaron mesmo a facer o primeiro paro na historia do béisbol profesional xaponés. Para solucionar a situación, a organización do campionato decidiu manter as dúas Ligas, permitindo a fusión dos dous equipos e creando unha nova franquía que ocupase a praza deixada polos Buffaloes na Liga do Pacífico. O novo equipo estaría situado na cidade de Sendai, na Prefectura de Miyagi. En outubro de 2004 anunciouse a creación dos Tohoku Rakuten Golden Eagles baixo pertenza da empresa de venda en liña Rakuten. Así, durante un ano os responsábeis do equipo tiveron que confeccionar un elenco de xogadores sólido e axeitar as instalacións do Estadio de Miyagi.

Os Eagles debutaron na temporada 2005 cunha vitoria 3−1 ante os Chiba Lotte Marines. Con todo, o resto da campaña supuxo un fracaso para as súas expectativas ao quedar últimos cunha marca de 38−97−1. En 2006 o equipo fichou ao técnico Katsuya Nomura, o adestrador máis vello da historia da competición. Despois de finalizar con récords negativos (máis derrotas que vitorias) nas súa primeiras catro temporadas, o equipo acabou en segundo lugar da Liga do Pacífico no ano 2009 por detrás dos Hokkaido Nippon-Ham Fighters. Nos playoffs gañaron na primeira fase ao mellor de tres xogos aos Fukuoka SoftBank Hawks (2−0), máis na seguinte fase, a anterior as Series do Xapón, caeron ante os Hokkaido Nippon-Ham Fighters por 4−1. Tras a eliminatoria Nomura anunciou a súa retirada aos 74 anos.

Para a temporada 2010 contratouse como adestrador ao estadounidense Marty Brown, antigo técnico dos Hiroshima Toyo Carp. Con todo, foi despedido tras unha súa temporada tras finalizar os Eagles en último lugar. O seguinte en ocupar o banco sería o membro do Saón da Fama Senichi Hoshino, que permaneceu no equipo durante catro temporadas. Con Hoshino chegou o primeiro grande éxito da franquía. Na temporada 2013 o equipo acaba en primeiro lugar na Liga do Pacífico (82−59−3) e nos playoffs conseguen eliminar os Chiba Lotte Marines (4−1), conseguindo así a súa primeira participación nas Series do Xapón. O debut nas Series non puido ser mellor, xa que conseguiron derrotar aos Yomiuri Giants por 4−3 tras vencer no sétimo e decisivo partido (xogado no Estadio de Miyagi) por 3−0. O pitcher Manabu Mima foi nomeado mellor xogador das series.

Nomes Tohoku Rakuten Golden Eagles é o único nome que tivo o equipo en toda a súa historia. Alén do mesmo, o equipo é ás veces alcumado como Washi (鷲, aguias) ou Inuwashi (イヌワシ, aguias douradas). Tohoku Rakuten Golden Eagles (2005−presente)

Estadio

Os Tohoku Rakuten Golden Eagles xogan como locais desde a súa fundación en 2005 no , actualmente coñecido por motivos de patrocinio como . Anteriormente tivo os nomes de (2005−2007), (2008−2011), (2011−2013), (2014−2016) e (2017). O recinto, inaugurado o 5 de maio de 1950, conta con capacidade para 30.508 espectadores. Ante de ser utilizado polos Golden Eagles, foi o estadio local dos Lotte Orions da Liga do Pacífico entre 1973 e 1977. No ano 2011 o Estadio de Miyagi foi gravemente danado debido ao asolagamento producido polo terremoto e tsunami de Sendai.

Xogadores thumb|Senichi Hoshino. Dorsais retirados Dorsais retirados polos Tohoku Rakuten Golden EaglesNºXogadorPosiciónPeríodo 10 Seareiros do equipo (o número é levado pola mascota) 77 Senichi Hoshino Adestrador 2011–2014

Xogadores MLB PaísXogadorPosiciónTemporadas no equipo Kazuo Fukumori Pitcher 2005–2007, 2009–2010 Hisashi Iwakuma Pitcher 2005–2011 Masahiro Tanaka Pitcher 2007–2013

Cancións thumb|O grupo ℃-ute. Alén das cancións oficiais do club: e Dangerous Fight!, os Golden Esgles teñen varias cancións de apoio oficiais: (2005). A primeira canción de apoio oficial dos Golden Eagles. Foi escrita por Tsunku e gravada e publicada como un sinxelo polo grupo de "idiols" de J-pop Morning Musume. (2006). Segunda canción de apoio oficial dos Golden Eagles. Foi escrita e composta por Tsunku e interpretada polo grupo de idols DEF.DIVA, grupo formado por tres ex-membros de Mornings Musume (Maki Goto, Natsumi Abe e Rika Ishikawa) máis Aya Matsuura. (2007). A terceira canción oficial foi tamén escrita e composta por Tsunku, mais esta vez interpretada por GAM, grupo formado por Aya Matsuura (antes DEF.DIVA) e Miki Fujimoto (antes Morning Musume). (2008). A cuarta canción oficial dos Golden Eagles, tamén composta por Tsunku. Foi gravada polo grupo de J-Pop ℃-ute. (2009). Quinta canción, escrita e interpretada por Takao Horiuchi. (2010). Interpretada por Mari Yaguchi, Nozomi Tsuji e Mai Satoda. (2011). Composta e interpretada por Takao Horiuchi e cscrita por Tetsuhiro Shōji. Esta canción foi composta para ser utilizada en temporadas sucesivas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Páxina web oficial

Categoría:Tohoku Rakuten Golden Eagles Categoría:Equipos da NPB Categoría:Equipos de béisbol do Xapón