O dos columbimorfos (Columbimorphae) é un clado de aves (considerado por moitos autores como granorde) de Aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos e superorde das neoaves.

Taxonomía Descrición A grandorde foi descrita en 1790 polo ornitólogo inglés John Latham na súa obra A General Synopsis of Birds.

Etimoloxía O nome científico Columbimorphae está formado polos elementos do latín científico columb- e -morphae, unidos por un -i- epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro é a raíz do xénero tipo, Columba. E o segundo é a forma plural do adxectivo do latín científico morphus, derivado do grego antigo μορφή morphḗ, "forma".morpho- no Online Etymology Dictionary.

Clasificación A granorde comprende as seguintes tres ordes: Columbiformes Pteroclidiformes Mesitornithiformes

Filoxenia As relacións filoxenéticas entre estas ordes establecéronse a partir dos resultados de análises xenéticas.Jarvis, E. D. et al. (2014): "Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds". Science 346 (6215): 1320–1331.

Análise anteriores tamén apoiaban un agrupamento similar, aínda que as relacións próximas exactas diferían:

Algúns estudos indicaban que a relación máis próxima era entre as gangas e as pombas (a opinión tradicional),Gibb, Gillian C. & David Penny (2010): "Two aspects along the continuum of pigeon evolution: A South-Pacific radiation and the relationship of pigeons within Neoaves". ''Molecular phylogenetics and evolution 56 (2): 698-706. mentres que outros estudos indicaban que a relación máis próxima era entre os mesitos e as gangas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aves Neornites Neognatos Neoaves

Categoría:Neognatos