Marit Bjørgen, nada en Trondheim o 21 de marzo de 1980 é unha esquiadora de fondo norueguesa retirada. É a primeira na listaxe de todos os tempos da Copa do Mundo de Esquí de Fondo con 114 vitorias individuais. Bjørgen tamén é a esquiadora de máis éxito na historia da Copa do Mundo, con 29 vitorias. Liderou o medalleiro dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 con cinco medallas, incluídas tres de ouro. Olímpica en cinco ocasións, as cinco medallas que gañou en Pyeongchang 2018 elevaron o total a quince, o maior número de medallas gañada por persoa ningunha na historia dos Xogos Olímpicos de Inverno.
O 6 de abril de 2018, anunciou a súa retirada do esquí de fondo despois da tempada 2017–18.
Medicamentos para o asma Na tempada 2009–2010 Bjørgen tivo un informe para unha exención por uso terapéutico ("Therapeutic Use Exemption, TUE) emitido pola International Ski Federation (FIS) para o medicamento Symbicort para a asma, que contén substancias da listaxe prohibida da Axencia Mundial Antidopaxe (WADA).Verdens Gang: ''Fikk ja til medisin på doping-listen Bjørgen continuaba a empregar o medicamento nos Xogos Olímpicos de 2010 e foi fortemente criticada por Justyna Kowalczyk que a acusou de dopaxe.The Foreigner:Vancouver 2010 News: Bjørgen weathers doping allegationsVerdens Gang: Kowalczyk med dop-angrep på Bjørgen Dende setembro de 2011, os deportistas non precisan dunha TUE para o Symbicort, e pode empregarse por calquera deportista, mais en doses restrinxidas.NRK: Bjørgens astmamedisin fjernes fra dopinglista
Resultados olímpicos 15 medallas – (8 ouros, 4 pratas, 3 bronces)
Ano Idade 10 km individual Persecución - esquí de fondo 30 km Sprint 4 × 5 km remudas Sprint por equipos 15 km mass start 2002 21 — — 14.ª — Prata 50.ª 2006 25 Prata Non rematou — 18.ª 5.ª 4.ª 2010 29 Bronce Ouro Prata Ouro Ouro — 2014 33 5.ª Ouro Ouro 11.ª 5.ª Ouro 2018 37 Bronce Prata Ouro — Ouro Bronce
Vida privada Bjørgen vive coa súa parella Fred Børre Lundberg, antigo campión olímpico de combinada nórdica, en Holmenkollen, Oslo.NTB Marit Bjørgen på flyttefot NRK. Consultado o 7 de novembro de 2013 En 2015, Bjørgen anunciou que estaba embarazada e non competiría na seguinte tempada, volvendo na tempada de 2017.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas ESPN fasterskier
Categoría:Nados en Trondheim Categoría:Nados en 1980 Categoría:Esquiadores de fondo olímpicos de Noruega Categoría:Medallistas olímpicos en esquí de fondo Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Noruega Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Noruega Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Noruega