dereita|miniatura|Homenaxe a Benito Valencia na ponte de Boado. Benito Valencia Bouza, nado en Farnadeiros (Muíños) o 10 de maio de 1910 e finado na ponte de Boado (Xinzo de Limia) o 1 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires en 1927, onde traballou de camareiro. Ao retorno instalouse en Güimil. Funcionario do concello de Muíños, foi secretario do Sindicato Campesino de Souto, e concelleiro pola Fronte Popular dende marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado na ponte de Boado, sobre o río Limia, na saída de Xinzo cara a Verín.

O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia fíxolle unha homenaxe o 1 de agosto de 2020.O Val do Límia homenaxea a figura de Benito Valencia BouzaMemoria histórica: homenaxe na Limia a Benito Valencia Bouza e ao Sindicato Campesino de Souto

Vida persoal Casou con Digna Portela Penín en 1935.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Benito Valencia Bouza, in memoriam!

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Muíños Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Muíños

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936