A revista Tiqqun foi o traballo dun colectivo francés de autores de filosofía e activistas homónimo. Publicaron dous volumes, o primeiro no ano do seu nacemento en 1999 e o último durante a súa disolución en Venecia no ano 2001"Fra Tiqqun til Tarnac Fransk radikalisme på 2000-tallet" nynorsk. A revista enmárcase dentro do contexto da filososía radical de

Orixe e uso do nome O nome da revista provén da grande importancia que os redactores outorgaron ao concepto filosófico de Tiqqun.Concepto presentado no artigo «Théorie du Bloom», Tiqqun 1, p. 36. Trátase da transcrición afrancesada do termo de orixe hebraica Tikun olam, un concepto derivado do xudaísmo adoito empregado na tradición cabalística e mesiánica, que significa asemade 'reparación, restitución e redención', e que cobre na meirande parte, entre outras cousas, a concepción xudía da xustiza social.

Alén destes dous elementos, tamén se usa o termo, especialmente na expresión «os Tiqqun», para designar o comité de redacción ou un grupo máis vasto.

Autoría A autoría de cada artigo de Tiqqun non é atribuída a xeito individual. Mais na contraportada do primeiro número incluíase unha mención grupal ao consello de redacción, formando parte del aparecían os nomes dos activistas: Julien Boudart, Joël Gayraud, Fulvia Carnevale, Julien Coupat, Junius Frey, Stephan Hottner e Rémy Ricordeau. O grupo tamén usa en diversos ensaios o alcume grupal do "Comité Invisíbel".

Filosofía O proxecto de Tiqqun asenta esencialmente sobre catro fontes: o pensamento Heideggerdiano, recollendo o seu conxunto de pensamentos en metafísica; reflexións sobre a Cábala xudía; a filosofía e movemento político do nihilismo; así como a análise do traballo do antropólogo Ernesto de Martino dentro dunha arenga cara a necesidade de despolitizarse para politizarse. Neste desplazamento, argumentan: os sentidos preexistentes, sedimentados, retorceranse para imporse ao intentar, non tanto, responder ás novas preguntas como iluminalas baixo a luz doutras referencias.

Tiqqun chama “Bloom” a ese punto de partida doutra politización posíbel. O Bloom é unha certa debilidade existencial, característica da nosa condición contemporánea. É a figura que designa a nosa situación de impotencia e indiferenza ante o mundo.

De Martino reproduce unha cita do psicólogo Pierre Janet (1859-1947) sobre os síntomas da psicastenia que Tiqqun enumera para o Bloom: "nesta enfermidade obsérvase unha caída da 'tensión mental', é dicir da capacidade de síntese e de concentración, coa conseguinte perda da 'función do real'. Xorde entón un estado de angustia, unha sensación de incompletitude, de extrañeza da persoa e do mundo circundante.”"Tiqqun"

Controversia e atención dos medios A notoriedade do grupo de activistas Tiqqun estourou coa publicación do ensaio filosófico L'Insurrection qui vient (A insurrección que vén), precedente ao arresto de Julien Coupat e outros oito activistas trala sabotaxe á liña férrea de alta velocidade francesa TGV en novembro de 2008, con alegacións que enmarcaron o ataque dentro do movemento antinuclear. A policía e os medios franceses falaron de emerxencia e da necesidade de eliminar o movemento por completo por constituír unha ameaza seria. Nos Estados Unidos a controversia acadou o debate académico, onde anarquistas e pensadores de esquerda debatiron se a filosofía recollida nese ensaio, que partía de conceptos publicados por Foucault, fora ou non malinterpretada ou esaxerada polos autores."Tiqqun"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Visión do anarquismo americano sobre Tiqqun CRISIS DE LA PRESENCIA. UNA LECTURA DE TIQQUN

Categoría:Revistas de Francia Categoría:Revistas de filosofía