Wade Manson Baldwin IV, nado o 29 de marzo de 1996 en Belle Mead, Nova Jersey, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl.
Traxectoria O 23 de xuño de 2016, Baldwin foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Memphis Grizzlies. O 16 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.
O 19 de outubro de 2017, Baldwin asinou cos Portland Trail Blazers.
O 4 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Nik Stauskas e dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Rodney Hood. Tres días máis tarde, o 7 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Iman Shumpert, Nik Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings. Horas máis tarde foi traspasado de novo xunto a Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 e os dereitos de Maarty Leunen, desta vez ós Indiana Pacers. O 8 de febreiro, foi cortado polos Pacers.
O 17 de xullo de 2019, Baldwin asinou co Olympiacos BC grego. O 27 de xullo de 2020, fíxose oficial a fichaxe de Baldwin polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.Wade Baldwin officially joins Bayern Munich O 10 de xullo de 2021, Baldwin asinou co Saski Baskonia da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC