«All» (en galego: «Todo») é unha canción composta por Reynell Wreford e interpretada en inglés por Patricia Bredin. Foi elixida para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-la final nacional británica, A Song for Europe 1957.
Festival de Eurovisión 1957 Selección «All» cualificouse para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional británica, A Song for Europe 1957.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada pola cantante británica Patricia Bredin. A orquestra foi dirixida por Eric Robinson.
Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Luxemburgo con Danièle Dupré interpretando «Tant de peine» e precedendo a Italia con Nunzio Gallo interpretando «Corde della mia chitarra». Ao final das votacións, a canción recibiu 6 puntos, obtendo o sétimo posto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reino Unido no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua inglesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións do Reino Unido en Eurovisión