Javier Estévez Viana, nado nas Neves cara 1903 e finado en Ponteareas o 14 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Sobriño de Alejandro Viana Esperón. Membro do Centro Republicano de Tui, pasou en 1933 a militar no Partido Republicano Radical Socialista.Tribuna, 6-8-1933, p. 2. Militou despois en Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario da Juventud de Izquierda Republicana de Ponteareas en marzo de 1935.El Pueblo Gallego, 26-3-1935, p. 15. Comerciante en Ponteareas. Colaborou en Tribuna e Renovación e foi correspondente de El País en Ponteareas.El Pueblo Gallego, 6-7-1935, p. 15. Participou nos mitins da campaña para as eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 14-2-1936, p. 12.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República de Ponteareas. Tomada a vila polos facciosos, agochouse na casa duns correlixionarios preto do mosteiro de Canedo. Foi detido e ingresou no cárcere de Tui o 13 de agosto. Ás sete da tarde do 14 de setembro a Garda Civil e un grupo de falanxistas de Ponteareas levárono ao depósito municipal da vila. Foi torturado para que delatase o agocho dos republicanos fuxidos: malleiras, amputación dos órganos sexuais, perda das unllas e perforacións nos pulmóns con agullas. Levárono á praza da vila ameazándoo con matalo diante da casa da súa nai. Finalmente asasinárono no cemiterio da vila. Vida persoal Casou en Vigo con Isabel Sangermán Alfaro en novembro de 1929.El Pueblo Gallego, 19-11-1929, p. 3.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xornalistas das Neves Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nas Neves Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos