miniatura|200px|Diagrama que mostra a nomenclatura dos cambios de estado de acordo coa entalpía.

A fusión,fusión, 1ª acep. no Dicionario da RAG. ou derretemento,derretemento no Dicionario da RAG. é un proceso físico que consiste no cambio de estado dunha substancia de sólido a líquido.

Isto ocorre cando aumenta a enerxía interna dos sólidos, tipicamente pola aplicación de calor ou presión, o que fai aumentar a temperatura da substancia ao punto de fusión.

No punto de fusión, a orde de ións ou moléculas nos sólidos pasan a un estado menos ordenado, e o sólido convértese nun líquido.

As substancias en estado fundido xeralmente reducen a súa viscosidade co aumento da temperatura. Unha excepción a este principio é o xofre, cuxos aumentos de viscosidade son debidos á polimerización, diminuíndo a temperaturas máis altas no seu estado fundido.C. Michael Hogan (2011): "Sulfure", Encyclopedia of Earth, eds. A.Jorgensen and C. J. Cleveland. Washington DC: National Council for Science and the environment.

Algúns compostos orgánicos funden a través de mesofases, estados de orde parcial entre sólido e líquido.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cambio de estado

Categoría:Termodinámica